A semana pasada os alumnos de 4º de ESO asistiron a unha conferencia impartida por Sonia Villapol Salgado, científica no Centro Médico de Texas (Houston, EE.UU.), forma parte do Equipo de Investigación Internacional da COVID-19 (COV-irt.org). Licenciada en Bioloxía Molecular pola Universidade de Santiago de Compostela (2003) e Doutora en Neurociencias pola Universidade Autónoma de Barcelona (2007).
Traballou coma investigadora postdoutoral en laboratorios do Centro Nacional de investigación científica (CNRS) da Universidade Pierre e Marie Curie VI e no Instituto Nacional de sanidade e investigación médica (INSERM) do Hospital Robert Debré, en París (Francia). No ano 2010 trasladouse un EEUU, traballou nos Institutos Nacionais de Saúde (NIH) e no Centro de Neurociencias e Medicina Rexenerativa, en Maryland (EEUU). Foi profesora de Neurociencias na Universidade de Georgetown en Washington DC (EEUU).
A súa investigación científica céntrase no estudo de danos cerebrais, tanto infartos cerebrais, coma traumatismos craneoencefálicos, experimentando distintos tratamentos e explorando os mecanismos de resposta a múltiples procesos relacionados coa morte das neuronas.

Un tema moi interesante que lles permitiu non só adquirir novos coñecementos senon comentar e traballar o seu espíritu crítico respecto a estas exposicións científico-divulgativas tan recurrentes nestes momentos.