O semana pasada, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria fixeron unha actividade relacionada co Camiño De Santiago denominada “O camiño de Chandebrito”.
O proxecto lévase a cabo na materia de Lingua Galega interdisciplinarmente con Educación Física, e trata de poñer en valor a contorna do Centro a través dun roteiro na vila de Chandebrito, no que os alumnos fixeron varias actividades e probas nos lugares máis destacados, como os Muíños do Regueiro, o monte do Castro, o Bosque da Memoria e os pulmóns de Chandebrito, entre outros.
     
Nas galerías tedes máis imaxes desta xornada diferente e enriquecedora.