As nosas Letras Galegas sempre son memorables. Este ano os nenos voltaron a desfrutar de actividades que desexamos que garden na súa memoria.

Os máis pequenos traballaron a importancia da lingua galega e do folclore popular. Unha das nosas mestras bailoulles unha muñeira ataviada co traxe rexional que os deixou abraiados.

O alumnado de Primaria fixo unha represantación teatral arredor da figura de Francisco Fernández del Riego, cantou no coro e innovou cun teatro de sombras que fomentou a curiosidade de practicamente todos os asistentes.

Secundaria foi ó merendeiro e alí, reunidos, cantaron e leron algúns fragmentos vinculados co autor. Xuntos pasamos un bo momento desfrutando desta pequena romaría que xa se está a converter en tradición.

Por último, tivemos a sorte de que a nosa antiga compañeira, Mª Eugenia Bermúdez, sobriña de Fdez. del Riego, nos contou de primera man algunhas curiosidades da vida do autor e deulle o agradecemento pola axuda recibida da súa parte no traslado do colexio a Chandebrito.