Este ano traballamos a Florencio Delgado, e fixemos traballos sobre a súa obra, a súa vida… Deixámosvos un bo resumo feito por parte do alumnado de 3º de ESO que resume moi ben a figura do literato.

Ademais tivemos o tradicional festival das Letras no que Primaria cantou, recitou… Tamén actuou o coro do Colexio e despois desfrutamos de xogos tradicionais. En resumo, un montón de ilusión posta nunha das celebracións máis esperadas do ano.

.     

E para rematar, e como novidade, Secundaria celebrou a I Romaría das Letras Galegas do Colegio Estudio. Xuntos estivemos no merendeiro lendo poemas, cantando con entusiasmo, comendo rosquillas e xogando ao aire libre.

             

Desexando voltar de novo!