Onte os nenos de 5 anos e de 1° de Primaria realizaron a xa clásica pisada de uvas. Este ano tiñamos tres variedades: alicante, mencía e godello. Puxéronse as botas comendo uvas e bebendo o riquísimo mosto. Traballamos o proceso dende a recollida das uvas ata o embotellado do viño.
Os alumnos de 2° e 3° de Primaria fixeron un obradoiro creativo no que escribiron unha carta adicada a unha uva. E os maiores de 6° compuxeron cancions coa temática da uva, utilizando melodías coñecidas.
Tedes máis fotos en Galerías.